Biosbardos, leva facendo animación en eventos dende 2012. Os nosos monitores contan con experiencia suficiente para desenrolar a animación en calquer tipo de evento, voda, bautizos, primeira comunión, festa familiar, congreso, reunión de empresa…
Para animación en eventos dispoñemos de material e monitores nas siguentes disciplinas:
- Deportivo. Rede e raquetas de bádminton, petanca, tiro con arco, pelota de waterpolo, pelotas de espuma, balón de fútbol…
- Construción e creatividade. Kapla que é un xogo de pezas de madeira, plastilina, lapices de cores para colorear,tren con vías de madeira…
- Psicomotricidade e habilidade. Billar Xapón, futbolín de Bali, billar de Holanda …
- Mesa e pensamento. Xogos de taboleiro como fanorama de Madagascar, puluc de México, sortilexios de Francia… e de cartas como Uno, Virus…
- Música. Equipo de son con micrófonos.
Os nosos monitores tamén poden organizar gincanas e xogos de busqueda do tesouro.