Blog

Sin categoría

PRIMEIRA COMUNIÓN

Desde BIOSBARDOS queremos presentar a nosa oferta para animación de primeiras comunións.

Temos unha serie de xogos deportivos, cos que podemos pasar o tempo xogando entre todos.

Tamén levamos xogos de mesa para un entretemento máis relaxado, para descansar un pouco antes de voltar a empezar

E nunca nos esquecemos dos máis pequenos, para eles sempre levamos cousas para que poidan entreterse toda tarde.

E podemos organizar busquedas do tesouro, e para rematar poñemos karaoke e facemos un taller de pintacaras.

Tamén dispoñemos de amigos que nos poden vir axudar a que sexa unha boa tarde, e podemos ter inchables e xogar ó paintball.

 

Podes falar con nós e pedir un presuposto no TF 659 19 40 29

Advertisement
Sin categoría

Nadal

Durante este Nadal disfrutamos facendo o noso traballo, levando ilusión a todas as festas que fomos.

Grazas o colexio Rosalía de Castro en Padrón, MonteBalado centro comercial, AECA Asociación de  Empresarios da Comarca de Arzúa, a fábrica de Pescanova  e o Concello de Ames por ter contado con nós para animar as súas festas.

 

Sin categoría

ABRIL LÚDICO

Voltamos a abrir a noso servizo de garderia, desta vez polas vacacións de Semana Santa.

Abrimos o abril lúdico, os días 15, 16, 17 e 22 de abril, no noso horario habitual de 9:00 ata as14:00, con prezos moi competitivos de ata 1,80 euros por hora.

Mañáns cheas de xogos , música, e manualidades. ABRIL 19_page-0001

Para calquer consulta podes chamar o tf 659 19 40 29

Sin categoría

Entroido 2019

Este ano vamos abrir Biosbardos coma sempre para cubrir as vacacións do entroido os días 4,5 e 6 de marzo en horario de 9:00 ata 14:00.

Faremos xogos, manualidades, música, karaoke e maquillaxe.

Pero ademais este ano ven visitarnos Izabela de Step by step-eduames cos seus talleres de róbotica, programación, realidade aumentada e novas tecnoloxías. Promete ser toda unha experiencia e moi divertido iso de facer robots con legos. Son talleres para tódalas idades. É necesario apuntarse para os talleres no tf 659 19 40 29

Sin categoría

PREMIO LINGUA E EMPRESA

O xoves 31 de xaneiro o Concello de Ames fixo entrega dos premios da primeira edición do Premio Lingua e Empresa no que resultaron premiados Xestiago, Asesoría Xeral Galega SL e Biosbardos.

O xurados considerou que mereciamos o premio polo impacto que temos entre a xente nova e as familias.

Dende Biosbardos temos que dar as grazas o xurado, os parabéns as empresas tamén premiadas e animar o concello a seguir coa iniciativa e a todos a falar a nosa lingua.

Sin categoría

Día da PAZ en MELIDE

No Ceip Martagona, celebraron o día da Paz, e ata alí fomos co noso obradoiro de xogos do mundo.

Foi unha mañá ben entretida, cas crianzas da Martagona que xa visitaramos en outubro co contacontos Como axudo a Antón?

Hoxe disfrutamos todos xuntos xogando con xogos da China, Xapón, do Amazonas, do norte de África, Alemaña, Francia… desde os máis cativos ata os maiores xogaron ata o final das quendas.

Moitas grazas a dirección por ter contado con nós.