Sin categoría

NADAL 2018-2019

Durante  este Nadal, desde Biosbardos Animación non deixamos de traballar. E queremos dar as grazas a todos aqueles  que contaron con nós para as súas festas.

Fomos o colexio Rosalía de Castro de Padron a animar o seu festival de Nadal cos nosos xogos e co noso contacontos Como axudo a Antón?.

Visitamos as instalacións de Pescanova  para celebrar a festa que a empresa lles fixo os nenos dos seus traballadores en Redondela  en Papa Noel e en Arteixo polos Reis.

 

En Bertamiráns da mán de AEB Asociación de Empresarios de Bertamiráns animamos as rúas con un Papá Noel e cos xogos tradicionais do mundo, xunto os inchables de Ofelia.

En Arzúa coa Aeca de Arzúa, os elfos de Biosbardos fixemos promoción da súa festa. E fomos a recepción dos Reis Magos que organizou o Concello cos nosos xogos e inchables.

QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODOS OS QUE XÓGASTES CON NÓS ESTES DÍAS

Advertisement
Sin categoría

Como axudo a Antón? en LER CONTA MOITO

Dentro do programa de Ler Conta Moito que a Xunta desenrola para as bibliotecas públicas, este pasado mes de outubro, tivemos a sorte de visitar, Brión, Teo, Silleda,Ordes e Noia.

Temos uns gratos recordos de todas estas visitas, e tan sólo agradecer a tódolos nen@s a súa participación e colaboración, e dende logo a tódol@s responsables das bibliotecas pola súa amabilidade para con nós.