Facemos contacontos, para tódalas idades porque os nosos contos sempre teñen unha mensaxe ca que queremos ca rapazada se quede para reforzar o súa aprendizaxe en valores. Así contamos contos que falan de igualdade, vilencia, consumo responsable, reciclaxe…
COMO AXUDO A ANTÓN?
Este contacontos é desenrolado por Jorge López e Isabel Ponte, e nel abordan o tema do acoso escolar. Usando o conto Como axudo a Antón? (do que son coautores xunto a Martín López e Eva Rieiro que se encargou das ilustracións), nunha primeira parte narran a historia de Martiño e Antón dous cans camiño da escola, e como Antón é vítima de distintos tipos de acoso.
E xa unha vez rematada a historia, os nen@s coa axuda dunhas tarxetas vermellas e verdes que se lles reparten, vannos dando as súas opinións a favor ou en contra de distintas situacións que se narran no conto. E coas súas ideas intentamos cambiar as cousas que non nos gustan e que van acontecendo no conto.
A idade a que está dirixido este contacontos é para nen@s de entre 5 e 12 anos. Se ben nos eventos organizados polas bibliotecas os nen@s que soen asistir son entre 5 e 9 anos, cando visitamos os colexios facemos varias sesións e abarcamos tódalas idades.
A duración do contacontos podese variar pero en un principio é de 45 a 60 minutos.