Este obradoiro foi creado co fín de dar a coñecer os xogos de taboleiros, billares tradicionais e xogos pedagóxicos entre outros , orixinarios de paises e culturas distintas da nosa e incluso doutras épocas .
O obradoiro preséntase como un gran espazo, repartido por áreas de xogo, onde os participantes poderán experimentar unha variedade de xogos achegados dos cinco continentes. Varios deles avalan correntes pedagóxicas como Waldorf ou Montessori, punteiras na pedagóxia moderna, outros entroncan máis co que se ve nas feiras populares do norte de Europa.
No obradoiro atopamos xogos de distintas tipoloxías como construción, creatividade, habilidade, psicomotricidade mesa e pensamento. Todos eles van chamar a atención dos rapaces e maiores que os acompañen e poden pasar un rato ameno xogando e competindo uns con outros.
Descarga o PDF co dossier completo.